Vistas de página en total

sábado, 3 de febrero de 2018

A VISITA DE LEDICIA COSTAS

Este xoves 8 de febreiro os alumn@s de 5º imos ter unha visita:

                             A  escritora LEDICIA COSTAS.


Estamos desexando preguntarlle moitas cousas e felicitala polas estupendas historias que crea:
" Escarlatina....; "Esmeraldina....; "A Señorita Bubble";...
Sabemos que:
  •  naceu en Vigo o 19 de setembro de 1979
  • é unha escritora galega
  •  Gañou o Premio Nacional de Literatura infantil e xuvenil de España en 2015, pola súa obra Escarlatina, a cociñeira defunta
  • Empezou moi nova no mundo da literatura, escribindo as súas primeiras novelas en plena adolescencia. Licenciada en Dereito Económico, desde hai varios anos dedícase en exclusiva á creación literaria. É unha das coordinadoras da revista dixital Criaturas, dedicada á Literatura Infantil e Xuvenil de Galicia.

Se queredes saber moito máis pinchade nestes enlaces:
http://www.aelg.gal/centro-documentacion/autores-as/ledicia-costas
http://lediciacostas.com/gl/
http://asescollaselectivas.blogaliza.org/2012/05/22/ledicia-costas/